Capela do Bosque
Esta recente e pequena capela acolle un curioso tímpano de Santa María elaborado probablemente no século XV, seguramente trasladado aquí desde a portada da igrexa. Represéntase no centro á Virxe, sentada, coroada e con manto, e co Neno Xesús no colo. A ambos lados os santos da orde: San Francisco e Santa Clara. A santa leva o hábito das monxas clarisas, coa toca; o santo, correspondendo, co hábito franciscano e a tonsura. O tímpano está policromado, aínda que seguramente non se trate da pintura orixinal.