O MOSTEIRO

PORTARÍA

 

Como en calquera mosteiro de clausura, na portaría sitúase o torno, centro da comunicación e, especialmente, do intercambio de produtos entre o interior e exterior. Hai que ter en conta que se trata dunha comunidade con voto de afastamento do mundo, polo que se trata dun espazo de gran significado e importancia. A portaría é un dos puntos permeables.

 

A entrada ten a significación da clausura, para as monxas, e en Santa Clara de Pontevedra unha frase labrada na pedra convida ao recollemento: «Déjalo todo y lo hallarás todo. La llevaré a la soledad y te hablaré al corazón. Toma tu cruz y sígueme». Ao mesmo tempo o torno permite comunicar sen ver, intercambiar sen tocar… vivir cara a dentro aínda con algún contacto cos de fóra. Esta portaría foi construída entre os séculos XVI-XVIII, malia que a súa función continuou até tempos ben recentes. A través deste torno, que deixa o espazo xusto para escoitar sen mirar, a comunidade recibía as doazóns de produtos en petición de favor climatolóxico ou de roupa para ser lavada polas monxas.

CLAUSTRO

 

O claustro é espazo de camiño e espiritualidade, central e verdadeiro corazón dos mosteiros. Zona de paseo e rezo en intimidade, no contacto cunha natureza que cobra máis sentido no mundo da clausura. O de Santa Clara de Pontevedra é un claustro que ten unicamente dous lados, non como outros, xeralmente de catro. Neses lados, cubertos ambos por un artesoado de madeira, ábrense na parte interior varias entradas cara ás dependencias monásticas e na exterior unha columnata sobre o muro que o abre ao xardín.

LOCUTORIOS

 

Do mesmo xeito que o torno permite comunicar materialmente o interior co exterior, os locutorios son espazos que permiten ás monxas da comunidade relacionarse co exterior. Dende a época moderna, do mesmo xeito que noutros conventos de clausura, toman forma de ventás cubertas por fortes reixas de ferro. Na vista tinxen ao mesmo tempo as imaxes percibidas coas celosías, un enreixado de madeira que ofrece intimidade. En Santa Clara, de feito, en ocasións os locutorios cubríanse con teas para proporcionar maior privacidade e salvagardar o illamento da clausura monacal.

CELAS

 

As celas son os espazos persoais e íntimos, os lugares onde cada unha das monxas desenvolve a súa vida privada. As condicións aquí son as xerais da vida conventual e monástica, marcadas principalmente pola sobriedade. Cama e pequena arca, un reclinatorio para a oración, crucifixo e pouco máis. O lugar cobra máis sentido no marco da clausura, de maior recollemento que naquelas ordes en contacto cotián co mundo exterior.

SALA CAPITULAR

 

A vida dunha comunidade monástica, masculina ou feminina, réxese polo capítulo, como os cabidos de catedrais ou concellos. O significado é o de reunión da comunidade, ou dos seus representantes, para a toma das decisións necesarias da vida en común. É por iso polo que dende os primeiros momentos debería existir unha sala o suficientemente ampla e solemne para acoller ditas reunións. Esta Sala Capitular do mosteiro de Santa Clara de Pontevedra, estaría presidida pola abadesa, como reitora da comunidade, e con asistencia das monxas para deliberacións e votacións. É de seguro o cuarto no que as palabras flúen con máis soltura en todo o espazo conventual. Voz e diálogo no medio da clausura.

REFECTORIO

 

Se a igrexa é espazo de vida común litúrxica, alimento da alma, o refectorio é lugar principal de vida cotiá na que se alimenta o corpo. De feito, desde os primeiros momentos do monacato medieval, é unha sala destacada. En Santa Clara atopámolo nun espazo longo e rectangular, abovedado con arcos de medio punto, e no que se dispoñen ao longo dos seus muros os bancos corridos e mesas. É un lugar sobrio, no que, mentres se comía (o mesmo que no resto de mosteiros), rezábase ou cantábase, mesturando vida con espiritualidade.

Visita Virtual

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Praesent imperdiet tellus ut pellentesque euismod. Sed quis nisl et quam semper tincidunt ac vel felis. Cras quis justo vel ex accumsan maximus.

Duis dapibus sem rutrum ligula maximus commodo. Duis ut neque at nunc maximus tempor.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad