HORTA
A horta do mosteiro é espazo para o cultivo e produción de produtos da terra. Destacan as vides para a produción de viño. Un caldo que se traballaba nun lagar propio e almacenado na adega do mosteiro. Igual que o resto do conxunto non esquece a espiritualidade. O lugar está presidido por unha fonte de estilo barroco do século XVIII que se coroa cunha imaxe da santa patroa na que se presenta a Santa Clara sostendo unha custodia.