CEMITERIO

CEMITERIO

 

O destino dunha monxa tras o seu falecemento, o mesmo que nos mosteiros masculinos ou nos cabidos, pode ser diverso. Familias de determinado favor e vinculación poden enterrarse nas igrexas e capelas das que fosen patróns; ou tamén poden dispor a inhumación en espazos propios e familiares. Pero para algunhas monxas o mosteiro é o fogar final dos seus restos. En Santa Clara así ocorreu nunha quincena de casos cuxas sepulturas atopabamos no cemiterio do mosteiro, situado nun dos laterais do xardín e anexo ao claustro. O lugar está delimitado cunha reixa, indicando a calidade especial do chan sacro, bendito. E como é propio nestas ordes mendicantes e de especial piedade, as sepulturas non teñen nome nin data coas que recoñecer á súa ocupante. A devoción, o rezo, vai para todas.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad