XARDÍN

XARDÍN

 

O xardín é o gran atractivo do patrimonio natural en Santa Clara de Pontevedra. Espazo aberto, claro e limpo, cunha extensión de preto de 12.000 m2, nel crecen grande cantidade de árbores froiteiras como abeleiras, maceiras ou ameixeiras, por entre os tamén abundantes castiñeiros. A colleita dos froitos era igualmente forma de vida e recurso das monxas da comunidade, dando paso tranquilo dende as estancias interiores á horta. E no medio, sempre presente a espiritualidade, acompaña a Capela dos Anxos e unha fonte que se data no século XVI, culminada pola imaxe de Santa Clara coa rama de oliveira e unha Forma Sagrada; unha fonte que ten unha irmá na vila (ou curmá alo menos), na Fonte da Ferrería. Conxunto moi apropiado nun xardín que ten planta de cruz.

xardin-mosteiro-santa-clara-convento-9
xardin-mosteiro-santa-clara-convento-8
xardin-mosteiro-santa-clara-convento-10
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad