COUSAS QUE NON SABÍAS

Hai varias tradicións e feitos curiosos que completan a nosa visión de Santa Clara de Pontevedra. Certos autores suxeriron a posibilidade de que existise xa o mosteiro antes da chegada das clarisas, habitado por unha das máis famosas ordes militares da Idade Media: a Orde do Temple. Un dos principais emblemas templarios é o de dous cabaleiros sobre un mesmo cabalo, simbolizando a pobreza e a vida militar. Os restos dun escudo nun dos muros da igrexa de Santa Clara fixeron pensar neste pasado templario, aínda que a teoría máis extendida é a de que se trata dun escudo nobiliario dalgunha das familias benfeitoras do convento. 

Moitos avatares removeron a vida claustral; nomeadamente as guerras dos séculos XVIII e XIX. De feito, en varios períodos, as monxas tiveron que abandonar temporalmente o convento: coa invasión inglesa en 1719, coa guerra de Independencia ou xa coa desamortización. En 1808, no marco da loita contra a invasión francesa, ten lugar en xuño a batalla de Pontesampaio, nunha campaña que remata coa liberación de Vigo e do territorio pontevedrés. Trala vitoria as tropas fixeron ofrenda das bandeiras á Virxe dos Desamparados, padroeira do seu Batallón, doando as mesmas á igrexa do mosteiro por parte do xeneral Pablo Morillo.

Non son poucas as ofrendas a Santa Clara, moitas veces en forma de ovos pedindo o favor do bo tempo, especialmente para os casamentos. Pero outra das tradicións máis recentes deixan caer que as monxas clarisas de Pontevedra non querían tanto os ovos senón que preferían os peixes, na mellor tradición dunha vila mariñeira coma esta.

Visita Virtual

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Praesent imperdiet tellus ut pellentesque euismod. Sed quis nisl et quam semper tincidunt ac vel felis. Cras quis justo vel ex accumsan maximus.

Duis dapibus sem rutrum ligula maximus commodo. Duis ut neque at nunc maximus tempor.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad