Algúns nomes ficaron gravados na historia do convento e mosteiro. Temos que comezar pola primeira abadesa, Sor Leonor González. A tradición entre as monxas é a de que está enterrada dentro do convento, se ben se descoñece o lugar. E aquí resulta ben suxestivo aquel sepulcro cun baixorrelevo semellante a un báculo, que ben podería ser o seu, sinalando a primeira calidade abacial.